sábado, 17 de mayo de 2008

NAUFRAXIO


Pois ti me chamas, veño a que me digas
en qué recanto de ribeira certa
hei de atracar a voz distas cantigas,
si a mar está, coma unha cunca, aberta

En balde esculcarás falas amigas,
agás a miña, que o teu corpo aperta
ceibándote do afán, na roita incerta
onde levas sereas por aurigas.

Mais si has seguir a virazón do vento
e non escoitas meu amante acento
nin fitas o ronsel dos meus ardores,

vararei istes soños nunha praia,
e onde o levado mar pon súa raia
iranse asolagar nosos amores


Xosé María Alvarez Blázquez
Dia das Letras Galegas- 2008

1 comentario:

Anónimo dijo...

Mi pequeño granito de arena...
http://blogs.epi.es/laserinias/2008/05/17/dia-das-letras-galegas/