martes, 22 de julio de 2008

UN CONGRESO PARA A CIDADANÍA


Esta mañá, un periodista radiofónico dicíame que no verán non había moitas noticias “suculentas”. Eu contesteille que o vindeiro fin de semana sería o Congreso do PSdeG, así que xa tiñan noticias para uns días, pero
el contestoume: “ou facedes propostas interesantes ou a xente se aburre cós Congresos.. O morbo dos nomes só interesa á militancia”. Paréceme ben. Desexo que teña razón, porque entón, estou certa de que este fin de semana do Congreso socialista xurdirá moito interese, moitas noticias e que os cidadáns non se van aburrir.

Abonda cunha ollada á Ponencia Marco e ás emendas que se teñen presentado polas agrupacións de toda Galicia, para comprobar que o PSdeG chega ó fin de semana do Santiago có obxectivo de falar cara a fora, de falarlle ós galegos e ás galegas e facerlles propostas de goberno dirixidas a tódolos sectores sociais, a tódolos territorios e dende o conxunto das políticas sectoriais ou dende o discurso programático e de fondo contido ideolóxico que se desprende dos documentos congresuais.

Dende unha organización política sempre se corre o risco de exercer o “ombliguismo” e recrearse na introspección tan lonxe do interese xeral, non parece ser esa a dirección marcada dende a Ponencia e o feed-back recollido despois do paso desta polas agrupacións e os grupos sectoriais. Si o 37 Congreso do PSOE encheu páxinas e artigos de opinión ó prantexar avances en dereitos, novidades lexislativas e importantes propostas de índole económico, o XI Congreso do PSdeG non será menos e, si cabe, irá máis aló en algunha das ideas enunciadas nos diferentes apartados propostos para a reflexión e o debate.

O socialismo galego falará de economía e produtividade, de aborto e eutanasia, de urbanismo sostible e enerxías alternativas, de vivenda e espazos públicos de calidade, dos galegos do exterior e dos inmigrantes que elixiron ser galegos, de inclusión sociolaboral e de melloras na sanidade pública, de educación para a cidadanía, de bolsas, igualdade, investigación, cultura cosmopolita e consenso pola lingua. De estatuto e federalismo, de balanzas fiscais, de redes e da rede; de municipalismo, de modelo de partido, de territorio, de seguridade e, sobre todo, de futuro.

O PSdeG afronta o segundo Congreso dende o Goberno autonómico, da súa historia, xa que logo a situación semella ben diferente. O socialismo galego disponse a ofrecer ós galegos e ás galegas unha fonda reflexión dende o goberno e formulada para o goberno, para mellorar a calidade de vida da cidadanía transformando a sociedade dende a responsabilidade de gobernar a Xunta, dúas Deputacións, e seis das sete grandes cidades, ademais dunha morea de concellos medianos e pequenos. Socialistas que cada día apostan pola transformación social dende a esquerda e dende a paixón pola igualdade alumeada fai cento trinta anos un galego que quixo estar na vangarda de Europa. Unha vez máis, estaremos, dende as ideas, nesa vangarda.

2 comentarios:

xiabre dijo...

Noraboa y sorte!

Anónimo dijo...

Siempre he estado orgulloso de pertenecer a la Agrupación Socialista Coruñesa, una Agrupación que cuenta con una Secretaria de Organización de auténtico lujo, pero después de este fin de semana, en el Congreso Nacional del PSdeG, estoy aún más orgulloso de pertenecer a una organización respetada, escuchada, querida y tan tenida en cuenta como nos merecemos, como se merece nuestra S.O que se ha ganado el respeto de toda Galicia y un reconocimiento muy merecido en forma de Secretaría de Organización.

Muchas felicidades y muchas muchas gracias, Mar, por todo lo que haces, por el ejemplo, por la constancia, por el esfuerzo, por la imaginación...
Estoy seguro de que harás del PSdeG un Partido aún mejor; igual que has hecho con nuestra Agrupación.
Un beso
Ton