Durante a campaña electoral das Eleccións autonómicas que o levaron á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoo insistía en cada mítin, en cada entrevista, en cada declaración pública do seu compromiso indudable có que él deu en chamar “a rexeneración da vida política”. Ó parecer, o PP e o seu Presidente ían ter que facer unha labor de renovación e rexuperación da ética pública, dado que o goberno de coalición entre socialistas e nacionalistas deran mal exemplo…. Non preciso lembrar aquí as reiteradas falsidades que, nos xornais o una rede, se verteron, especialmente, contra o Presidente Touriño: coches, obras, mobeis, viaxes…
Pero chegados ó poder os populares semella que olvidaron a súa promesa e apenas ano e medio despois abundan os exemplos que farían encher de vergoña a calquera: xefes territoriais de escuros comportamentos, o super Delegado de Ourense condenado por malversación de fondos públicos, a lista dos contratados sigue chea de amigos e familiares varios, un Conselleiro no TSXG e outro ó que lle costa explicar cómo fixo para conservar a súa praza de Secretario do Concello de Cambados a pesar de non estar incluido en ninguno dos supostos que daban dereito a ter unha excedencia por servicios especiais.. E todo iso sin buscar moito… Pero ó parecer, boa parte das cuestións que, como digo, poñerían colorado a máis de dous, non se perciben así dende as filas do PP que amosa ter unha manga certamente ancha cós seus ou mesmo acuñar unha “teoría da ética” ben curiosa… Imos ver…
Parécelle a vostede un pouco regular que o encargado de facer o seguimento e avaliar as obras da Deputación de Pontevedra asine tranquilamente certificacións de obras sen realizar?. Si?.. Pois xa ve.. o “Presidente da ética” dí que o que fixo Hernández cando era un técnico de confianza de Louzán “faino todo o mundo”.. Está ben sabelo.. sobre todo porque ahora aquél técnico é Conselleiro e convirán conmigo que pode instaurar un novo modelo na xestión pública.. aquél no que se pagan igual obras ou equipamentos sin que estén feitos.. Claro que, si para Feijoo esto é un feito habitual, para Louzán responde “ó interese xeral”.. o que avala a miña tese de que os populares están a piques de crear “teoría política” e da boa.. Animado pola experiencia propia, a Hernández o feito de que o, hasta fai uns días, Xefe Territorial de Medio Ambiente de Pontevedra tivese unha vivenda en situación “irregular”, construida con licenza de galpón e que levase máis de dúas décadas sin pagar o IBI no seu concello, non é máis que unha cuestión menor.. Para ser exactos, como dixo o señor Conselleiro, “eso faino moita xente”… ahhhh!!!. Magnífico exemplo.. Para qué vai vostede a pagar a licenza da súa vivenda si os que lle vixían o urbanismo xustifican que non o faiga?.. Novamente Louzán gañou “por elevación”.. a él Evaristo Juncal – que así se chama o cesado Xefe Territorial – parécelle que fixo “un traballo extraordinario”. Non cabe dúbida..
Pero si alguén pensaba que esta nova interpretación da “ética política en versión PPdeG” estaba limitada ós entornos das Deputacións de Pontevedra ou Ourense, antonte a Presidenta do Parlamento quixo tamén sumarse ó discurso desta “nova dereita”. Así, a señora Rojo, sempre disposta a criticar os “excesos verbais” das súas Señorías – en caso de que as súas Señorías sexan da oposición, claro.. – a señora Rojo, digo, deunos unha nova lección de savoir faire parlamentario e puxo como exemplo de deputado modélico ó señor Rodríguez Miranda. O voceiro do PPdeG non conta, que se saiba, a mesura tan apreciada pola Presidenta entre as súas culidades e fíxose famoso en España enteira ó ter que devolver á Cámara – por facerse público o escándalo, non por honrado.. - non sei cantos miles de euros que cobrara de xeito irregular… Exemplar, non cabe duda…
Polo tanto, miñas donas, meus señores, non desboten que nos atopemos diante dunha nova época na teoría da ética política, esta vez sí, planetaria.. ou iso ou estamos diante dunha auténtica desvergoña, en termos de coducta, dos responsabeis públicos do Partido Popular.. aqueles que querían rexenerarnos a todos, aqueles que lle chamaban “Sultán” ó Presidente Touriño, aqueles que comprometían a súa palabra na defensa da legalidade e da honestidade… aqueles son os que amparan o caciquismo, defenden ós que non pagan impostos, xustifican os que constrúen vivendas ilegais, poñen como exemplo ós que non teñen máis remedio que devolver os cartos públicos cobrados irregularmente e protexen ós que traspasan os límites da legalidade na xestión pública sempre que poden beneficiar a un amigo… En fin.. ética política segundo o PP.. capìtulo primeiro… seguiremos informando.
6 comentarios:
" QUE PAPELON PARA NORIEGA "
o carallo, ahora tiranse os paxaros as escopetas, animo Mar , non te deixes pisotear
Había que preguntarle a Feijoo si ya se ha recuperado de lo que perdión con su gestión en el Parque Ofimático.
Realmente la cantidad fue perfectamente asumible para él y sus dos colegas de aventura.
nin así nin ca crisi a favor das dereitas e capaz o Rajoi de sacar algo en limpo.
si ahora non e capaz, cando empecen a vir os tempos mellores,recordar que faltan dous anos pra que se fagan as eleccións, repito cando empece a escampar, porque ten que escampar, si non o mundo que coñecemos irase pra merda, pero non so en España, Europa enteira esta na misma tesitura.
Rajoi ten presa pra que haxa eleccións, xa que ahora pensa que teria algunha posibilidade, veriamolo, pero ten claro que si esto mellora, xa non pinta nada, e o que quere pintar, e non precisamente cadros e o noso Feijoo, que anda repartindo bicos por España enteira, deixandose ver y que a xente o queira, e po lo que parece quereno en todas las familias peperas de España.
Rajoy y los suyos están preocupados porque xa cando non se despegan xa no non faran.
zapatero ten que aguantar, conseguir que lle aproben os presupostos, Presidente xa comeza a CHOVER MIUDIÑO, animo e a aguantar, que de eso sabemos moito os socialistas.
Saúdos
Es delicado hablar de ética en un blog y además de política y además del partido en los últimos años
Feijoo, el hombre bueno y de maristas, debería reciclarse en el tema, aunque el caldo de cultivo de sus "convicciones éticas" es el mismo desde su época universitaria, por ejemplo, del Tello, Verdini (ambos), Celso Delgado Arce, Tabaré, etc. etc. o de tu cercano Dapena, todos estuvieron a la misma sombra y posteriormente recalaron en opciones políticas y movidas distintas.
Es peliagudo hablar de ética, no solo se ruborizarían los del PP, sino tambien los del Psoe y los BNG (los tres). Pero animaros y que Jesús comente lo más cercano, aquí en A Coruña.
Tres intiresno, gracias
Publicar un comentario