domingo, 21 de septiembre de 2008

VILAGARCÍA E “OS DA O”


Chego á casa dende a Festa dos Socialistas de Galicia, celebrada en Vilagarcía e ó pouco chégame o anuncio dun post de Blas no seu blog (blasgarcia.wordpress.com) agradecendo á xente que traballou nesta grande movilización o seu esforzo sobre todo ós compañeiros e compañeiras da Rúa do Pino, coma di Blas “os da O”.

Onte foi un fermoso dia de festa. Máis de seis mil persoas escoitando participando nun acto político e compartindo unha xornada na que o socialismo galego se reivindica a sí mesmo. Sempre digo que os socialistas temos unha certa tendencia á melancolía, unha deriva que nos fai olvidar demasiado rápido todo o que os compañeiros e compañeiras levantaron durante anos dende os gobernos de España, dos concellos ou os autonómicos. E, de cando en vez, é bo sentarse a comer, a falar e a recordar...

É tan sinxelo coma lembrar o que ten sido o avance en benestar e desenrolo para Galicia: dende as becas á creación das Universidades, dende a liberación das peaxes á extensión dos comedores escolares, dende a protección do territorio á ampliación da Via do Salnés, dende o Plan de saneamento integral das Rias - esas que están sen depurar dende fai un século pero que algúns só se acordan de reivindicar precisamente cando gobernan os socialistas e teñen en marcha actuacións millonarias para o seu saneamento- á Lei de igualdade ante o traballo...

De cando en vez é bo sentarse, volver a ver ós amigos, escoitar ós compañeiros e facer lembranza do que o socialismo ten significado para a mellora da vida e os dereitos en España e tamén en Galicia... Que os lamentos por unha “comisión de seguimento do AVE” non vos fagan dudar... haberá AVE no 2012 porque Zapatero e Touriño cumplen... o demais son verbenas, e verbeneros.. O mesmo que houbo autovías, aeroportos, porto exterior e haberá tren de cercanías.

Onte foi unha fermosa festa na que milleiros de persoas sentímonos parte do proxecto que moderniza e democratiza as sociedades, dun proxecto que dende hai casque 130 anos defende o mesmo: as persoas, os seus dereitos, a súa educación, o seu futuro.. E foi más fermosa porque os militantes se puxeron á tarefa e movilizaronse para a ocasión, porque dende as coordinacións provinciais se traballou arreo e dende cada agrupación se respondeu.

Grazas a todos e todas, unha honra estar ahí cós “da O”, con ese grupo de xente que cada dia do ano coordina, organiza, chama, recibe, atende, canaliza, distribúe... e fai todo iso que contribue a que unha organización estea cada vez máis forte. Longa vida ó socialismo galego.. Con militantes coma vós, está asegurada!

5 comentarios:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Noraboa pola organización, noraboa por todo ... e noraboa a ti.
Cada vez que acudo a unha xuntanza deste tipo lémbrome dos miles de afiliados/as e simpatizantes que fan grande o noso partido. Todos estes/as que traballan día a día con fidelidade na sombra. E ó ver, sobre todo á xente de idade que entregou a súa vida á causa socilaista síntome orgulloso de pertencer ó PSOE.
Unha aperta

Carmen Cajide Hervés dijo...

¡NORABOA Á ORGANIZACIÓN!
Foi unha Festa Socialista chea de ilusión e entusiasmo, unha oportunidade para reafirmarnos ideoloxicamente e tender pontes entre agrupacións.
Ben querida Mar, sabes poñer calor e ritmo a todo canto tocas.
Unha aperta
Carmen Cajide

Anónimo dijo...

¿Diferencia entre as romerías do PP e as do PSdG?

PP: escoitar a gaita e comer empanada.

PSdG: comprometerse co desenrolo de Galicia e cos seus cidadáns.

Longa vida ó socialismo galego.

Anónimo dijo...

Hola Mar: soy J.Emilio, Pastor de la comunidad de Peñamoa. Estamos esperando el compromiso verval que nos hiciste en cedernos un local para actividades sociales, culturales y religiosas. Espero que puedas cumplir con lo que nos promentiste. UN saludo y con el deseo que todo te vaya bien

Mar Barcón dijo...

Hola José Emilio.. como bien dices, cuando Penamoa esté libre de chabolas tendreis, para actividades de vuestra asociación, acceso a la cesión de un local, como tantas otras en la ciudad que tienen una cesión municipal.

Mientras tanto, creo que todos debemos seguir apoyando a los equipos de intervención y a las familias que tanto se están esforzando para acceder a una vivienda. Un abrazo.