martes, 26 de enero de 2010

O PLAN DO LITORAL, NIN UNHA MALA PALABRA.. NIN UNHA BOA ACCIÓN



Quen escoitara esta mañá a intervención de Núñez Feijoo na “presentación mediática” do Plan do Litoral e non soubera nada da experiencia de goberno de quen é hoxe Presidente e fora, no seu dia, Conselleiro de Ordeación do Territorio, seguramenete podería ter pensado que estaba diante dun proteccionista da natureza e non de quen foi en boa parte responsable da destrucción dunha parte do noso litoral e non parece que pensé rectificar.

Efectivamente, esta mañá no Hotel San Francisco, os asistentes puideron comprobar cómo o señor Presidente da Xunta é capaz de elaborar un discurso que poderían suscribir casque todas as organizacións ambientalistas e, dende logo, a meirande parte da sociedade galega… A lástima é que isto foi todo e que isto é todo.. Como diría aquela canción dos anos sesenta do pasado século.. “parole, parole…”. Por certo, nada máis que “parole” e un discreto folletiño para os alcaldes, sindicalistas, parlamentarios, empresarios, técnicos e representantes de distintas institucións que Feijoo nombrou unha e outra vez – quizás tentando demostrar o seu poder de convocatoria – pero que non mereceron que se lles dira nin un resumo do que a Xunta propón para o litoral… Vese que a “austeridade” ía a cargo diso e non do super video en formato “sete pantallas” có que nos deleitaron onde puidemos comprobar qué duro era o traballo que tiñan que facer, qué fermosa é a nosa costa e qué variada..

Lástima que en plena orxía da natureza, o Presidente da Xunta non nos explicara cómo se compadecen as súas palabras coa autorización para instalar unha planta acuícola en Touriñán – convenientemente o video remataba xustiño antes de chegar á vista do fermoso cabo.. non fora a ser que a vista deixara en evidencia o espíritu naturista de Feijoo - ; qué ten que ver o chamamento ó consenso con tentar aprobar a reforma da Lei do Solo - pequena e que non soluciona gran cousa – pola via de urxencia e cales son as razóns para facer esta presentación antes de que teñamos craro por donde van a ir as Directrices de Ordeación do Territorio (durmindo o soño dos xustos dende a chegada deste Goberno). Lástima que Feijoo non atopara un tempo no seu discurso para explicarnos estas e outras dúbidas que fan que nos acheguemos con moito escepticismo a un documento que nin coñecemos nin, ó parecer, poderemos coñecer hasta que “chegue polo conducto regulamentario” (¡!?) segundo nos informaron hoxe..

Cada palabra desta mañá non foi senón unha enmenda á totalidade do urbanismo feito ó longo dos gobernos populares, non foi senón o recoñecemento do moito que se teñen engañado poñendo por diante do interés colectivo o daqueles que só buscan o aproveitamento económico inmediato ainda que sexa a costa do noso patrimonio máis prezado, o noso territorio. Cada palabra desta mañá retrotraíanos ás decisións que permitiron destrozar unha parte sustancial do noso litoral, que sacralizaron modelos tipo Sanxenxo e que fixeron da especulación urbanística o eixe en torno ó cal se trazou a política do territorio. Cada palabra era unha enmenda ós gobernos de Fraga e ó Conselleiro Feijoo.. Lástima que baixo esa declaración de bós propósitos non se agoche moito máis que decisións que nos levan de novo ó pasado.. Agora é cando, Touriñán é donde.

2 comentarios:

Pablo Franco dijo...

en el caso de Feijoo es la mentalidad Nimby pero al revés. En vez de hacer eso tan típico de... si hace falta una incineradora que la pongan en otra parte, hace lo contrario: No se puede construir en la costa, pero aquí es distinto. Todos estamos de acuerdo en que hay que preservar nuestro litoral. Pero todos encontaríamos un sitio donde... hombre... es que un chalecito aquí.... O Hombre.... es que esta infraestructura es de interés económico..... En definitiva, ¿de que estamos hablando, de pedirle coherencia al del decreto del gallego?

Javier (Charolito) dijo...

¡¡¡Hola Charolita!!!
Recibo con agrado los besos que me dedicas aunque lamento no haberlos recibido en vivo y en directo, lo que quiere decir que cuando vengas por el foro dame un toke y tomamos aunque sea un cortito de cerveza. Te devuelvo al tiempo los besos y abrazos (aunque tampoco en vivo y en directo), y aprovecho además para pasarte un enlace sobre el frenesí automovilístico de sor citroen.
Besos!!!
http://javiermanzano.es/?p=871