martes, 28 de septiembre de 2010

UNHA OPORTUNIDADE IMPRESCINDIBLE


Cando Mariano Rajoy recorría España coreando a estratexia do sector máis radical do seu partido, aquelo de “España se rompe”, as forzas políticas galegas tentaban chegar a un acordo na reforma estatutaria, percorrendo o mesmo camiño que Cataluña, Andalucía, Valencia ou mesmo Castela A Mancha – antes de que Valcárcel lle cortara o paso a Cospedal- . Tratábase, en boa lóxica, de que as normas estatutarias aprobadas vinte anos atrás, acomodaran letra e espíritu ás demandas dunha sociedade distinta, con novas inquedanzas, con novos dereitos sociais e con un desenvolvemento institucional xa moi maduro. Era, en definitiva, un intento de que o Estatuto refrendara as conquistas sociais recollidas no corpus legal que Galicia se fora dando ó longo de dúas décadas e seguir situados na vangarda do desenvolvemento autonómico.

Non foi posible. Máis perto de Génova que do Pazo do Hórreo – casi como agora .. – Núñez Feijoo enrocouse no termo “nación” do Preámbulo para evitar , por todolos medios, a firma do Presidente Touriño no Estatuto do século XXI. Naquela estratexia egoísta e irresponsable, Feijoo enterrou tamén as posibilidades de que Galicia recibira na consiguiente negociación do financiamento, o respaldo económico idóneo para o mantemento dos servizos e prestacións froito do novo reparto competencial e das características sociais e territoriais da nosa Comunidade. Galicia foi ó reparto das finanzas autonómicas nunha situación de desventaxa fronte ás CCAA que tiñan xa un Estatuto reformado e só a coxuntura de que tres membros do Goberno de España sexan galegos e o compromiso público do Presidente Zapatero no seu día para desenvolver as infraestructuras do transporte, fan posible unha situación de investimentos públicos histórica neste momento.

Pero a construcción dunha sociedade moderna non se fai fiandoa ó número de Ministros nun ou noutro Gabinete e os dereitos dos cidadáns non poden depender da vontade de gobernos máis ou menos amigos. Galicia aprobou un Estatuto de Autonomía que lle recoñece un teito competencial derivado da súa condición de “Comunidade Histórica” e non pode agora perder a oportunidade de melloralo, modernizalo e acomodalo ó que os cidadáns esperan e precisan trinta anos despois da chegada da democracia. Non tén moito sentido colocar por riba de nós unha sorte de “teito de cristal” que nos impida situarnos coas Autonomías máis desenvolvidas mentras percibimos a nosa situación como nun trompe l’oeuil : seremos “Comunidade histórica” pero hoxe xa non formamos parte daquelas que contan con normas reformadas e adaptadas á sociedade actual.

É por iso que a presentación da Proposición de Lei por parte do PSdeG chega no momento xusto. Cando o cerne do debate político se sitúa en termos económicos non podemos obviar que o autogoberno ten significado en termos políticos, máis sobre todo en termos económicos. A reforma que se propón fala de educación, sanidade, política municipal, política territorial, dependencia, xustiza, transporte.. Fala, en definitiva, de servizos públicos, do seu financiamento, dos dereitos consolidados dos cidadáns e, como non, de financiamento autonómico.

É de esperar, polo tanto, que o Núñez Feijoo que tódolos días se laia do que lle “quitan en Madrid”, esté disposto a reformar o Estatuto para evitar “eses expolios” que dí que lle – nos – fan. É de esperar que o Presidente da Xunta que non desaproveita ocasión para reclamar a Madrid “o que nos deben” – seica – esté presto a solucionar o tema a meio da reforma estatutaria. É de esperar que o PP, que hoxe mesmo levará á Cámara galega a reclamación de non sei cantas competencias ó Goberno central, teña o mesmo empeño en traballar arreo para contar, canto antes, cunha norma estatutaria que garanta todas as competencias que outros teñen.

Os socialistas galegos figuran, con nomes e apelidos, nos traballos da proposta estatutaria do 36, tristemente segada polo golpe do Xeneral Franco. Recuperada a democracia estivemos, tamén, na cita có Estatuto que ía guiar vinte anos de desenvolvemento do noso país. Agora que as Leis aprobadas ó longo destes anos, que os dereitos construidos entre todos e que a sociedade do século XXI debuxan unha nova realidade, queremos dar un paso adiante, unha vez máis. Para que Galicia non quede atrás, para que afinemos ainda máis as posibilidades de mellora dos servizos públicos, as políticas dirixidas ós cidadáns, as competencias das institucións galegas e se incremente a nosa presencia en tódolos ámbitos de decisión.
A reforma do Estatuto en sede parlamentaria – donde reside a soberanía popular – non é unha proposta cara nin “pouco austera” ; en realidade esta reforma non costa nin un céntimo de euro, sin embargo, o feito de non levala a cabo, como temos visto, ten un coste moi elevado para os galegos e as galegas. Seguramente é máis sinxelo laiarse do que outros deciden, apuntarse ás bagoas eternas como estratexia electoral ou mesmo ideolóxica, pero semella que é tempo de tomar decisións máis aló do regate corto, de priorizar e de concentrar os esforzos colectivos nas grandes tarefas. Non parece que teñamos outra máis grande, nin máis colectiva

3 comentarios:

Militante44 dijo...

Mar, no dices todo sobre el estatuto.Quizás sea por espacio, por olvido o porque estás preparando el día de la huelga.

Sobre el tema del estatuto, desde hace años, hay traiciones, equivocaciones e intereses.
Tendrías que hacer memoria.
Lo de la foto ¿es estrategia?
Bicos

Xabier Pita dijo...

Cuando un político promete algo, hace como los niños: añade mentalmente, "si puedo". Y tan tranquilo.....

Militante44 dijo...

¿Vas apoyar a Pachi?
Preguntas similares se las hacía en aquél tiempo Miguel Cortizo.

Hay cuestiones que hay que responder claramente y ahora es una oportunidad imprescindible ¿no crees?
Bicos