viernes, 3 de abril de 2009

O caso Gürtel e o PPdeG (rolda de prensa)


“Feijoo debe dar a cara e dicir que cousas sabe, que relacións hai co tesoureiro Luis Bárcenas, con ese conseguidor de avais de Rajoy que parece que tamén no PPdeG tivo un papel ben importante nun momento nada lonxe da historia”

“Son moitas xa as demisión, son moitos os nomes que falan de tráfico de influencias, de blanqueo de capitais, de regalos, de coches, de traxes…en definitiva, dunha trama de corrupción que está enchendo de dúbida e desconfianza a vida política”


A Responsable de Organización da Comisión Xestora do PSdeG, Mar Barcón, compareceu hoxe en rolda de prensa con motivo das últimas revelacións sobre o caso Gürtel que afectan ao pago de campañas autonómicas do PPdeG.

“Neste inicio de lexislatura temos que esixirlle ao Sr. Feijoo e ao Sr. Rueda que expliquen as relacións económicas, empresariais e partidarias que se vislumbran nas informacións deste sumario aberto que protagonizan personaxes como Francisco Correa, Luis Bárcenas ou Pablo Crespo”, dixo Barcón.

A deputada socialista esixe que “Feijoo dé a cara e deixe de dicir que unha investigación non é o mesmo que unha sentencia. Que deixe de fuxir e explique que cousas se pagaron, que se encargaba e a que se refire ese pago de comisións” á empresa (Special Events) que durante anos organizou actos de todo tipo en diferentes comunidades autónomas, e tamén en Galicia durante os gobernos de Fraga.

Barcón lembrou que hoxe mesmo houbo outra demisión en Madrid, a de Martín Vasco (ata agora portavoz do PP na Asemblea de madrid). “Son moitas xa as demisión, son moitos os nomes que falan de tráfico de influencias, de blanqueo de capitais, de regalos, de coches, de traxes…en definitiva, dunha trama de corrupción que está enchendo de dúbida e desconfianza a vida política”.

Insistiu en que “Feijoo debe dar a cara e dicir que cousas sabe, que relacións hai co tesoureiro Luis Bárcenas, con ese conseguidor de avais de Rajoy que parece que tamén no PPdeG tivo un papel ben importante nun momento nada lonxe da historia”. Ademais, Barcón considera que “Feijoo ten que dicir se está disposto a depurar responsabilidades políticas e e tomar medidas para clarexar un entramado que só ten un nome: corrupción”.

“Misturaban o institucional co partidario en Valencia, en Madrid e tamén en Galicia”, dixo Barcón, e engadiu que Feijoo debe axplicar “se tiñan coñecemento de que dende o goberno se realizaban actividades con empresas que afectaban supostamente ó financiamento da organización política”.

“Quen debe facer unha fonda investigación e explicar ata onde chegaron esas relacións é o PPdeG. Non pode ser que sobre un sumario que enche periódicos e informativos que afecta ao PPdeG o Presidente do PPdeG diga que non lle afecta”, salientou.

Datos do Paro

Preguntada polos xornalistas polos datos do paro do mes de marzo publicados hoxe, Barcón dixo que “cada persoa que perde o emprego é unha preocupación en sí mesma. É a nosa maior preocupación”.

Pero destacou que dentro do contexto de todo o Estado Galicia é a comunidade que mellor está resistindo á crise, o que non é un dato menor tendo en conta que hoxe mesmo estase celebrando en Londres un cumio cos principais mandatarios do mundo para buscar solucións á crise.

Neste sentido indicou que Galicia responde mellor nestas circunstancias de grande dificultade grazas ás actuacións postas en marcha polo goberno de Emilio Pérez Touriño xa no mes de xaneiro de 2008, e engadiu que “non cometeremos a torpeza de esixirlle ao PPdeG que resolva a crise que vivimos a nivel mundial”.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Estáis rabiosos y se nota. Pero, amiguiña... ajo y agua.
Por cierto, enhorabuena por esa magnífica gestión del Ayuntamiento de A Coruña que dejaste hace apenas un mes y medio, con un presupuesto de 2008 que casi no se ha ejecutado en partidas importantes- pero sí en los multimillonarios gastos de propaganda institucional-, pero con el mayor endeudamiento de Galicia y barandillas que se rompen causando la muerte de turistas (entre otras muchas cosas). Si es que os luce el pelo. De ahí esta "rolda" de prensa "chuli guay" de tan pronfundo calado...
Como decía la Pantoja (a la que cada día os parecéis más): dientes, dientes...¡diantres!

Noroeste 394 dijo...

MUY BIEN MAR! a dar caña! hay que empezar a hacer oposición ya!

Anónimo dijo...

É ben certo que teñen que dar moitas explicacións, e tamén que a fuxida cara adiante que fixeron na campaña das autonómicas para agachar as cousas ate o día 2 de marzo saiulles ben; desviaron a atención da prensa cara a outras cousas, xogaron ca palabra, cas medias verdades e cos infundios. Agora xa non hai excusa, hai que pedirlles responsabilidades políticas dende o primeiro día, sen tregua, e por suposto, esperar a que a xustiza prosiga o seu labor. Pero non nos enganemos, o certo é que ainda que a xustiza non dictou sentencia, tras escoitar algunha grabación de conversa telefónica de implicados na trama ¿fai falla algo máis para que se dean explicacións políticas? Neste caso a calada é síntoma de autoacusación diga o que diga Rajoy.
Saúdos.

Mar Barcón dijo...

Al amigo de "la Pantoja"... El PSdeG puede perder o ganar, pero no está rabioso por nada. Tal vez ayude ser un partido democrático, con más de cien años de historia y que sabe que, en democracia, los ciudadanos hablan para cuatro años y no se equivocan. Que en la oposición hay que trabajar y preparar proyectos renovados y que hay que mejorar la comunicación con la sociedad. Dicho esto: el uno de marzo no justifica el caso Gürtel, ni implica que el PPdeG ya no tenga que dar explicaciones de nada; más bien la contrario, quien va a gobernar debería hacerlo desde la transparencia y la asunción de responsabilidades. Yo no sé si nos parecemos a la Pantoja, pero lo que parece es que Bárcenas y algunos otros se parecen a Julian Muñoz, no?

jesús pedrosa dijo...

Cada día está mas claro que la corrupción está en la médula del pp, es algo que llevan en los genes... pero tarde o temprano se acabará descubriendo TODO, solo hay que seguir tirando del hilo que forma parte de su gran red.

Sirenita dijo...

Yo estoy tan rabiosa que no paro de sonreir, de hecho, cada vez que sale el Camps,El Trillo, la pseudomodelo Sainz de Santamaría & company parezco un anuncio de colgate..y eso, que tienen escondidos a mis favoritos: Aceves y Zaplana.

¡¡¡Cómo no vamos a reir!!! :)

Anónimo dijo...

Por dios, hay gente que parece que no está en el mundo, hombre, la verdad es que si que un pelín de rabia si que me da, me da rabia cosas como que el único al que pongan de patitas en la calle en el caso de los trajes del chulito de tres al cuarto valenciano, sea al pobre sastre (pobre pero bien pagado).
Un abrazo. Ton