lunes, 26 de noviembre de 2007

ESCOLAS INFANTÍS.


Recollendo a interpelación do Pleno anterior, tráesenos hoxe a debate unha moción ó respecto do Ensino infantil, da competencia do mesmo, da formación e prazas do profesorado do mesmo, e dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas, das súas familias.

Temos a oportunidade pois de falar de novo dun servicio público, dun dereito dos nenos e nenas, das familias, dun espacio e un tempo para a socialización, para a atención, para compartir, para iniciarse n o coñecemento do mundo.

O Ensino Infantil, que acada cada día máis protagonismo na nosa sociedade, polos cambios na vida dos homes e das mulleres, polas modificacións nas relacións e nos modelos familiares, máis tamén pola evidencia do seu interese coma instrumento pedagóxico, sociabilizador, e que deixa de ser só un servicio de conciliación, un equipamento dirixido a facilitar a compatibilidade entre o traballo e a familia para encherse de contido educativo, para acadar na LOE, nunha Lei Orgánica, a categoría de nivel educativo.

Poderíamos, de novo, coma no pasado Pleno, volver a falar do compromiso certo do Goberno galego coa Educación e coas políticas de benestar: os orzamentos, as accións tomadas dende a chegada de EPT á Presidencia da Xunta, as iniciativas normativas, as decisións programáticas, non deixan lugar á dúbida.

Hai unha aposta firme e decidida por acadar os maiores niveis de calidade e de cantidade nos servicios públicos que nos permiten medrar en igualdade, vivir e traballar en igualdade e sobre todo facer da Educación, dende o primeiro momento da vida, o mellor instrumento para construír unha Galicia máis libre, máis igual, máis solidaria.

Poderíamos recoller de novo os dados que nos falaban da escaseza das prazas públicas de ensino infantil, da súa irregular distribución polo territorio, do feble esforzo que se ten feito durante anos por mellorar a educación pública, por dotala de servicios, de posibilidades de uso que a convertiran no que debe ser: o referente de calidade na educación da cidadanía

Poderíamos contrastar orzamentos ano a ano, recursos humanos, prazas de persoal no ensino público, coma poderíamos comparar dados de investimento social: de atención ás persoas que máis o precisan, de servicios dirixidos ás familias, de redes públicas que deberían ter sido o esqueleto dunha sociedade xusta.

Calquera de estes camiños argumentais nos levaría ó mesmo lugar: desatención, desinterés, desiguladade. Non existiu unha vontade de crer, de apostar polas políticas sociais.

Pero agora hai esa vontade.

Manifestada como digo nos orzamentos, e nas decisións políticas.

Agora hai unha Lei que converte a etapa de 0 a 3 anos nun ciclo de carácter educativo, cuxa proposta pedagóxica estase a traballar dende xa, coa participación de tódolos departamentos e sectores implicados: a vicepresidencia de igualdade, a Consellería de educación, o profesorado deste ciclo, os formadores do profesorado.. para ser capaces de que o dito proxecto esté listo no curso 2008-2009, como se recolle na LOE.

Agora hai un Goberno que traballa para mellorar a calidade do servicio que se presta dende o ensino infantil. Con ampliación horaria, cun plano de calidade de comedores, coa mellora das infraestructuras, coa ampliación e mellora do transporte e coa ampliación e diversificación dos servicios que virán reflectidos nas cartas de servicios para as familias usuarias dos centros.

Agora hai un Goberno que aposta polo potenciamento das novas tecnoloxías. Dende moitos eidos, como tivemos oportunidade de escoitar esta tarde. Tamén dende a Educación, có apoio ás familias para comprar ordenadores; tamén nas Escolas infantís, conectando os centros, preparando un portal educativo que permita a interacción das familias e de todo o persoal educativo.

Agora hai un Goberno que mellora as condicións dos docentes, do persoal educativo, o mellor dos recursos para mimar á nosa Educación pública. E tamén señora Besteiro un Goberno que quere que de ese persoal formen parte persoas que teñen algunha discapacidade; porque este Goberno traballa coas entidades sociais, dende tódolos departamentos para cumprir as ratios de emprego para persoas con discapacidade e para fomentar a presencia destas persoas no emprego público, tamén na rede de Escolas infantís.

Agora señora Deputada, hai un Goberno comprometido có cumprimento do Plan de Normalización Lingüistica, que ven de acadar un amplo consenso para o desenrolo do Plan no conxunto dos ciclos educativos, consenso do que, por certo, vostedes forman parte e que non lesiona dereitos senón que reforza os do conxunto da sociedade galega.

Agora, en definitiva, hai un Goberno que cumprirá os compromisos acadados coa cidadanía. Có traballo coordinado, coa aposta pola educación, coa creación de redes de servicio público en toda Galicia, colaborando cos Concellos, fomentando a participación das familias e de toda a comunidade educativa e dotando ó noso país de instrumentos que permitan un futuro máis sólido, máis libre e máis xusto.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estoy en general de acuerdo con lo que Mar expone en este artículo, con una excepción y un miedo: la excepción reside en la política de normalización lingüística en las aulas, que está creando más problemas de los que resuelve y que dudo mucho que logre el pretendido efecto de que en un futuro se hable más gallego en la calle. Lenguas más altas acabaron en el recuerdo, y al gallego mucho me temo que le acabará pasando lo mismo; mientras tanto, es una política que dificulta entre otras cosas muchísimo la movilidad de trabajadores por el conjunto del Estado ya que sus hijos se encuentran abocados a educarse en una nueva lengua extraña con las dificultades que ello conlleva. Y el miedo que refería me lo crean las galescolas (se ve que es la única manera que tiene el BNG de incrementar su techo electoral), sigue la misma táctica que emplean las Ikastolas vascas y antes que ellos los jesuitas, atrapar en su rollito sectario a los indefensos cativos de tiernas mentes ya que de otra manera no hay forma de asegurarse el crecimiento en votos en el futuro. Una pena, sobre todo porque es lo más antisocialista que he visto en años. A mí, donde se entronicen nacionalidades que no me esperen. Espero que el PSdG esté en la misma onda.