“Feijoo debe dar a cara e dicir que cousas sabe, que relacións hai co tesoureiro Luis Bárcenas, con ese conseguidor de avais de Rajoy que parece que tamén no PPdeG tivo un papel ben importante nun momento nada lonxe da historia”
“Son moitas xa as demisión, son moitos os nomes que falan de tráfico de influencias, de blanqueo de capitais, de regalos, de coches, de traxes…en definitiva, dunha trama de corrupción que está enchendo de dúbida e desconfianza a vida política”A Responsable de Organización da Comisión Xestora do PSdeG, Mar Barcón, compareceu hoxe en rolda de prensa con motivo das últimas revelacións sobre o caso Gürtel que afectan ao pago de campañas autonómicas do PPdeG.
“Neste inicio de lexislatura temos que esixirlle ao Sr. Feijoo e ao Sr. Rueda que expliquen as relacións económicas, empresariais e partidarias que se vislumbran nas informacións deste sumario aberto que protagonizan personaxes como Francisco Correa, Luis Bárcenas ou Pablo Crespo”, dixo Barcón.
A deputada socialista esixe que “Feijoo dé a cara e deixe de dicir que unha investigación non é o mesmo que unha sentencia. Que deixe de fuxir e explique que cousas se pagaron, que se encargaba e a que se refire ese pago de comisións” á empresa (Special Events) que durante anos organizou actos de todo tipo en diferentes comunidades autónomas, e tamén en Galicia durante os gobernos de Fraga.
Barcón lembrou que hoxe mesmo houbo outra demisión en Madrid, a de Martín Vasco (ata agora portavoz do PP na Asemblea de madrid). “Son moitas xa as demisión, son moitos os nomes que falan de tráfico de influencias, de blanqueo de capitais, de regalos, de coches, de traxes…en definitiva, dunha trama de corrupción que está enchendo de dúbida e desconfianza a vida política”.
Insistiu en que “Feijoo debe dar a cara e dicir que cousas sabe, que relacións hai co tesoureiro Luis Bárcenas, con ese conseguidor de avais de Rajoy que parece que tamén no PPdeG tivo un papel ben importante nun momento nada lonxe da historia”. Ademais, Barcón considera que “Feijoo ten que dicir se está disposto a depurar responsabilidades políticas e e tomar medidas para clarexar un entramado que só ten un nome: corrupción”.
“Misturaban o institucional co partidario en Valencia, en Madrid e tamén en Galicia”, dixo Barcón, e engadiu que Feijoo debe axplicar “se tiñan coñecemento de que dende o goberno se realizaban actividades con empresas que afectaban supostamente ó financiamento da organización política”.
“Quen debe facer unha fonda investigación e explicar ata onde chegaron esas relacións é o PPdeG. Non pode ser que sobre un sumario que enche periódicos e informativos que afecta ao PPdeG o Presidente do PPdeG diga que non lle afecta”, salientou.
Datos do Paro
Preguntada polos xornalistas polos datos do paro do mes de marzo publicados hoxe, Barcón dixo que “cada persoa que perde o emprego é unha preocupación en sí mesma. É a nosa maior preocupación”.
Pero destacou que dentro do contexto de todo o Estado Galicia é a comunidade que mellor está resistindo á crise, o que non é un dato menor tendo en conta que hoxe mesmo estase celebrando en Londres un cumio cos principais mandatarios do mundo para buscar solucións á crise.
Neste sentido indicou que Galicia responde mellor nestas circunstancias de grande dificultade grazas ás actuacións postas en marcha polo goberno de Emilio Pérez Touriño xa no mes de xaneiro de 2008, e engadiu que “non cometeremos a torpeza de esixirlle ao PPdeG que resolva a crise que vivimos a nivel mundial”.